XXVI Concurso de música tradicional - Grupos de pandeireteiras/os de A. X. Xiradela.

XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA

BASES DO XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS DA A.X. XIRADELA

  1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
  2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
  • CATEGORÍA A: ata os 10 anos
  • CATEGORÍA B: de máis de 10 aos 13 anos
  • CATEGORÍA C: de máis de 13 aos 17 anos
  • CATEGORÍA D: de máis de 17 anos en diante
  1. Só os 10 primeiros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
  2. Cada asociación só poderá presentar un grupo en cada categoría.
  3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
  4. Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos.
  5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
  6. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de cinco grupos.
  7. Os premios serán os seguintes:
  • 1º premio: trofeo e 300 €
  • 2º premio: trofeo e 200 €
  • 3º premio: trofeo e 100 €
  • Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo
  1. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que participará no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
  2. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
  • A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
  • A súa dificultade
  • A afinación
  • A interpretación
  1. O concurso terá lugar o día 19 de abril de 2026 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se aproxime a data do concurso.
  2. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e das redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 28 de febreiro, ás 12:00 h e remata o sábado, 28 de marzo, ás 14:00 h.
  3. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
  4. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición.
  5. A organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que provoque dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
  6. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 19 de abril de 2026. É necesario que os /as gañadores/as estean presentes no escenario para recoller o dito premio. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
  7. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
  8. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com.
  9. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.

Inscricións, neste formulario

XXVI Concurso de música tradicional - Grupos de pandeireteiras/os de A. X. Xiradela.
XXVI Concurso de música tradicional – Grupos de pandeireteiras/os de A. X. Xiradela.