Para as persoas que desexen sumarse á Asociación Xuvenil Xiradela e inscribirse nalgunha das súas actividades, trasladamos nesta publicación os horarios das clases que temos previstas para o curso 2026-27.
Ofértanse actividades de baile tradicional, pandeireta e canto tradicional, así como de gaita e percusión.
A nosa intención é que poidades ir planificando a vosa incorporación a aquelas actividades que vos presten e sexan compatibles co voso día a día.
Veredes que hai horarios e niveis diferentes para cada actividade. Busca onde podes encaixar mellor e consúltanos todas as dúbidas que teñas a través do correo electrónico: xiradela@yahoo.es.
Onde se imparten as actividades de Xiradela?
Como aconteceu nos últimos anos, as clases impártense nas instalacións da Asociación Xuvenil Xiradela na rúa Padre Villa, 30, no Concello de Arteixo (A Coruña).
Cando inscribirse
Proximamente informaremos do proceso para tramitar as inscricións. Esta información publicarase a través das redes sociais da Asociación Xuvenil Xiradela. Podes atoparnos en Facebook e en Instagram.
Lembra que se xa es socia/o tes na nosa canle de whatsapp un formulario para facer unha preinscrición que nos permita dimensionar os grupos. Contamos con vós tamén este curso que vai comezar en breve.
E se a´índa non es de Xira, anímate! Non te vas arrepentir de vir gozar da nosa cultura e sumar na conservación do noso baile e a nosa música.
#EuSonDeXira, e ti?

BAILE TRADICIONAL (12€/mes)
GRUPO | IDADE | MESTRA | DÍA | HORARIO |
Xideliñas | +8 anos | Marina | Luns | 18:00 – 19:00 |
Arroutada | +12 anos | Marina | Luns | 19:00 – 20:00 |
Foliadeiras | Adultos/as intermedio | Marina | Luns | 21:00 – 22:00 |
Barreiriños | +4 anos | Uxía | Mércores | 16:00 – 17:00 |
Bilitroques | +7 anos | Uxía | Mércores | 17:00 – 18:00 |
Catuxas | +16 anos | Marina | Mércores | 19:30 – 20:30 |
Xestiñas | Persoas adultas iniciación | Marina | Mércores | 20:30 – 21:30 |
Cinqulimpé | Persoas adultas perfeccionamiento | Marina | Mércores | 21:30 – 22:30 |

PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (14€/mes)
GRUPO | IDADE | MESTRA | DÍA | HORARIO |
Estalotes | +8 anos | Ángela | Luns | 18:00-19:00 |
Chiculate | +6 anos | Ángela | Luns | 19:00-20:00 |
Troulada | Adultos/as Intermedio | Ángela | Luns | 20:00-21:00 |
Retelladas | Adultos/as Intermedio | Marina | Luns | 20:00-21:00 |
Latarexas | Adultos/as iniciación | Ángela | Luns | 21:00-22:00 |
Lume | +12 anos mozas/os intermedio | Fer | Martes | 19:30-20:30 |
A Pedreira | +14 anos mozas/os perfeccionamento | Fer | Martes | 20:30-21:30 |
Marusía | Adultos/as iniciación | Silvia | Martes | 20:30-21:30 |
Algarada | Adultos/as perfeccionamento | Fer | Martes | 21:30-22:30 |
Cantaruxas | +4 anos | Ángela | Mércores | 17:00-18:00 |
A Furoca | +7 anos | Ángela | Mércores | 18:00-19:00 |
Iniciación | Persoas adultas | Silvia | Mércores | 18:30-19:30 |
Riscadeiras | Adultos/as iniciación | Uxía | Mércores | 19:30-20:30 |
A Regocheo | Homes | Silvia | Mércores | 20:30-21:30 |
Mistura | Adultos/as iniciación | Silvia | Mércores | 21:30-22:30 |

GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes)
GRUPO | MESTRE | DÍA | HORARIO |
Percusión iniciación | Suso | Martes | 17:00 – 18:00 |
Percusión persoas adultas | Suso | Martes | 18:00 – 19:00 |
Gaita iniciación | Suso | Martes | 19:00 – 20:30 |
Gaita persoas adultas | Suso | Martes | 21:30 – 22:30 |
