Súmate ao grupo de conversa en galego ‘Falarmos… Nós’ da A.X. Xiradela

 

  • Non falas galego pero prestaríache?
  • Fálalo pero sen soltura e queres mellorar?

Por segundo ano a A.X. Xiradela súmase á iniciativa FALARMOS… NÓS da Deputación da Coruña

Falarmos… Nós, son grupos de conversa que buscan fomentar o uso oral do galego entre persoas que o coñecen, pero non o empregan habitualmente, ben por falta de apoio na súa contorna ou por seren persoas chegadas de fóra que aínda están en proceso de aprendizaxe.

A través desta iniciativa da Deputación da Coruña xeramos contornas seguras nas que perder o medo a falar e recuperar a confianza no uso da lingua fóra de contextos formais ou académico.

Non son clases de lingua. Non se impartirán contidos gramaticais nin ortográficos, senón que se fomentará a práctica da conversa nun ambiente seguro e participativo. É dicir, conversamos e así aprendemos coa guía dunha persoa, neste caso a nosa compañeira Carmen Pereiro que dinamiza o grupo.

Falarmos… Nós será os xoves pola tarde

É unha actividade de balde, pero con prazas limitadas na que priorizaremos as persoas socias da A.X. Xiradela. O grupo de conversa Falarmos… Nós da A.X. Xiradela xuntarase os xoves de 18:30 a 19:30 horas nas instalacións da asociación arteixá e ten previsto retomarse a partir de setembro de 2026. 

Para recibir máis información podes dirixirte a Xiradela a través do enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es.

Coñece os horarios das clases na A.X. Xiradela para o curso 2025-26

A.X. Xiradela
A.X. Xiradela

Para as persoas que desexen sumarse á Asociación Xuvenil Xiradela e inscribirse nalgunha das súas actividades, trasladamos nesta publicación os horarios das clases que temos previstas para o curso 2025-26.

Ofértanse actividades de baile tradicional, pandeireta e canto tradicional, así como de gaita e percusión.

Como aconteceu nos últimos anos, as clases impártense nas instalacións da Asociación Xuvenil Xiradela na rúa Padre Villa, 30 no Concello de Arteixo (A Coruña).

Proximamente informaremos do proceso para as novas inscricións.

Lembra que se xa es socia/o tes na nosa canle de whatsapp un formulario para facer unha preinscrición que nos permita dimensionar os grupos.

BAILE TRADICIONAL  (12€/mes)

GRUPOIDADEMESTRADÍAHORARIO
Arroutada+8 anosMarinaLuns19:00 – 20:00
Foliader@sPersoas adultas de intermedioMarinaLuns21:00 – 22:00
Bilitroques+3 anosUxíaMércores16:00 – 17:00
Xiradeliñas+6 anosUxíaMércores17:00 – 18:00
Xiradeliños+7 anosMarinaMércores17:00 – 18:00
Iniciación+8 anosMarinaMércores18:30 – 19:30
Iniciación+16 anosMarinaMércores19:30 – 20:30
XestiñasPersoas adultas de iniciaciónMarinaMércores20:30 – 21:30
Cinquilimpé+16 anos de perfeccionamentoMarinaMércores21:30 – 22:30

PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (14€/mes)

GRUPOIDADEMESTRA/EDÍAHORARIO
Estalotes+8 anosÁngelaLuns18:00 – 19:00
RetroulaPersoas adultas de intermedioMarinaLuns20:00 – 21:00
Lume+12 anosFerMartes19:30 – 20:30
A Pedreira+14 anosFerMartes20:30 – 21:30
AlgaradaPersoas adultas de perfeccionamentoFerMartes21:30 – 22:30
Cantaruxa+4 anosÁngelaMércores17:00 – 18:00
Chiculate+6 anosÁngelaMércores18:00 – 19:00
RiscadeirasPersoas adultas de iniciación IUxíaMércores19:30 – 20:30
A ReghocheoHomes de intermedioSilviaMércores20:30 – 21:30
MisturaPersoas adultas de iniciación IISilviaMércores21:30 – 22:30
MaruxíaPersoas adultas de iniciaciónSilviaXoves21:00 – 22:00

GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes)

GRUPOIDADEMESTREDÍAHORARIO
Percusión nenos+9 anosSusoMartes17:00 – 18:00
Percusión adultos+16 anosSusoMartes18:00 – 19:00
Gaita iniciación I+9 anosSusoMartes19:00 – 20:30
Gaita perfeccionamento IIPersoas adultasSusoMartes21:30 – 22:30