A ‘Muiñeira de Santaia de Moar’ será a peza que se bailará no XXXVIII Día da Muiñeira de Arteixo que organiza Xiradela

  • Un total de nove agrupacións daranse cita na tarde do vindeiro domingo, 10 de maio a partir das 18:00 horas, no Paseo do Balneiro en Arteixo, en caso de choiva a actividade trasladarase ao Campo da Festa.
  • “Será unha tarde na que a música e o baile tradicional van ser protagonistas a pé de rúa para goce da veciñanza e visitantes que veñan por Arteixo o domingo, pero nomeadamente para as bailadoras e bailadores que participarán”, explica Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradela.
  • Participarán agrupacións chegadas da contorna comoA Coruña, A Laracha, Oleiros, Vimianzo, Sada, Betanzos, Carballo e Arteixo.
Cartel do 38.º Día da Muiñeira de Arteixo
Cartel do 38.º Día da Muiñeira de Arteixo

A 38ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que ano tras ano organiza a A.X. Xiradela, terá lugar o vindeiro domingo, 10 de maio, a partir das 18:00 horas no Paseo do Balneario. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Campo da Festa como xa ten acontecido en anos previos. A peza escollida para esta ocasión, e que executarán de xeito conxunto todos os grupos de baile, é a ‘Muiñeira de Santaia de Moar”.

O Día da Muiñeira de Arteixo suma, con esta, 38 edicións poñendo en valor esta peza tradicional e reunindo ao son deste ritmo a bailadores e bailadoras chegados de diferentes puntos da contorna. “Será, como en anos anteriores, unha tarde na que a música e o baile tradicional van ser protagonistas a pé de rúa para goce da veciñanza e visitantes que veñan por Arteixo o domingo, pero nomeadamente para as bailadoras e bailadores que participarán nesta edición do ano 2026”, comenta Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradela que organiza un ano máis esta cita.

Nesta ocasión participan nove agrupacións. Estímase que ao redor de 200 persoas estarán bailando a mesma peza a un tempo no Paseo do Balneario de Arteixo. O público poderá seguir ao vivo esta proposta cultural a pé de rúa, polo que se agarda unha tarde con moito ambiente no concello arteixán.

“O noso folclore está moi vivo e as novas xeracións, que son as grandes protagonistas do noso Día da Muiñeira, son proba diso. Queremos sumar para que a xente desfrute da nosa cultura, gozar do noso nas rúas das nosas vilas e cidades, apunta Uxía Verdía.

A lista de agrupacións que tomarán parte do XXXVIII Día da Muiñeira de Arteixo está formada por:

  1. Colexio Sagrado Corazón Franciscanas (A Coruña)
  2. A.C. Garrulaxe de Cecebre (Cambre)
  3. Asociación Cultural Nemeth (Carballo)
  4. A.C. Santa María de Torás (A Laracha)
  5. A.M.D.T. Queiroa (Sada)
  6. A.C. Trubisquiña (Vimianzo)
  7. Escola Municipal de Folclore Azougue de Betanzos (Betanzos)
  8. Asociación Cultural A Marola (Oleiros)
  9. A.X. Xiradela (Arteixo)

Cada grupo terá reservado un espazo concreto ao longo do Paseo do Balneario onde se irán colocando ao arranque do acto. Ata en tres ocasións bailarán os grupos a ‘Muiñeira de Santaia de Moar’ a un tempo. Santa Eulalia de Moar, chamada oficialmente Santaia de Moar, é unha parroquia do concello coruñés de Frades.

Cada un deses grupos executará os puntos e as voltas que elixiu para esta actuación. Entre cada un dos tres pases haberá un descanso. A adaptación da peza contará con catro puntos e cinco voltas.

Nesta cita dominical, organizada pola A.X. Xiradela desde o ano 1987, colaboran o Concello de Arteixo, Vegalsa – Eroski e Comercial Sánchez Vado.  

Ao final da cita as asociacións participantes recibirán un detalle en lembranza pola súa participación no XXXVIII Día da Muiñeira de Arteixo. Tamén se lles repartirá unha merenda aos bailadores e bailadoras participantes.

Tarambainas de Vigo e Xacarandaina da Coruña, as máis premiadas do XXVI Concurso de Música Tradicional de Xiradela

  • O auditorio do C.C.C. Arteixo acolleu preto de 40 grupos de 20 agrupacións chegadas de diferentes partes de Galicia.
  • Nesta 26.ª edición a dotación en premios foi de preto de 3.000 euros sumando as catro categorías a concurso.
  • Na categoría A levou o primeiro premio o grupo Teceláns da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo.
  • Na categoría B acadou o primeiro premio o grupo Xoaniñas da A.C. Xacarandaina da Coruña.
  • Na categoría C o primeiro premio correspondeu a Laretas da A.C.F. Tarambainas.
  • Na categoría D o grupo Tarambainas da A.C.F. Tarambainas  conseguía o primeiro premio.

O auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolleu o XXVI Concurso de Música Tradición de Xiradela no que tomaron parte preto de 40 grupos chegados de 20 agrupacións de diferentes lugares de Galicia.

Todos os grupos das categorías A e B do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
Todos os grupos das categorías A e B do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026

Os premios foron para:

CATEGORÍA A

  • 1º premio: trofeo e 300 € – Teceláns da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo
  • 2º premio: trofeo e 200 € – Ardora A.C. Xacarandaina da Coruña
  • 3º premio: trofeo e 100 € – Grupo E da A.F. Cantigas e Agarimos de Compostela
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Picariñas da A. M. B. T. Vai de Roda
Gañadores Categorías A e B do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
Gañadores Categorías A e B do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026

CATEGORÍA B

  • 1º premio: trofeo e 300 € – Xoaniñas da A.C. Xacarandaina da Coruña
  • 2º premio: trofeo e 200 € – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo
  • 3º premio: trofeo e 100 € – Moreniñas da A.M.B.T. Vai de Roda de de Rianxo
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo
Grupos gañadores das categorías C e D do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
Grupos gañadores das categorías C e D do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026

 

CATEGORÍA C

  • 1º premio: trofeo e 400 € – Laretas da A.C.F. Tarambainas
  • 2º premio: trofeo e 200 € – Areíñas da A.C. Soalleira
  • 3º premio: trofeo e 100 € – Falangueiras da A.C.F. O Fiadeiro
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Laretas da A.C.F. Tarambainas

CATEGORÍA D

  • 1º premio: trofeo e 500 € – Tarambainas da A.C.F. Tarambainas
  • 2º premio: trofeo e 300 € – Grupo A da A.C. Retranqueiros
  • 3º premio: trofeo e 200 € – Garuleiros da A.C. Donaire
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo – Argalleiros de Xacarandaina
Todos os grupos das categorías C e D do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
Todos os grupos das categorías C e D do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026

Preto de 300 pandeireteiros e pandeireteiras cantaron coplas de lugares como Limiñoa, Montemaior, Piornedo, Avión ou Anxeriz. A música popular galega foi protagonista dunha xornada que tivo quenda de mañá e tarde. Soaron instrumentos de percusión como pandeiretas, pandeiros, pandeiras, pratos, cunchas, trepias, botellas e latas.

Ao longo deste domingo unhas 1.000 persoas foron pasando polo auditorio arteixán cunha gran rotación de público. Nesta cita do ano 2026 participan agrupacións chegadas de lugares como A Coruña, Ames, Boimorto, Carballo, Coirós, Compostela, Lugo, Ponteareas, Ponteceso, Rianxo, Sada, Sanxenxo, Teo, Trazo ou Vigo,  entre outros.

Esta 26.ª pódese ver en liña a través da canle de YouTube da A.X. Xiradela picando no seguinte enlace: https://youtube.com/live/geaJQr4ySuk?feature=share

Ana García, Violeta Piñeiro e Ricardo Graíño foron xurado

O xurado estivo conformado polas seguintes tres persoas:

Ana M García Otero: foi compoñente da Agrupación Cantigas e Agarimos como bailadora e pandeireteira durante mais dunha década, e como bailadora en Brincadeira. Estivo no grupo de Música tradicional Violia e foi mestra de baile, pandeireta e canto tradicional en distintas agrupacións de Santiago e a súa contorna, e acompañou todo isto con  traballo de campo.

Violeta Piñeiro Barrosé mestra de canto e pandeireta e socia-fundadora das pandeireteiras Lina e Lola. Tamén formou parte da Asociación Cultural Lembranzas da Ría e de Cantigas e Agarimos. Coas súas compañeiras de Lina e Lola, ten colaborado con artistas como Xabier Díaz, Ailá, Alana, El Nido, Unto Vello, Xurxo Fernandes, Caamaño&Ameixeiras ou Mondra, entre outros. Como curiosidade, foi este o primeiro concurso no que participaron, alá polo 2012.

Ricardo Graíño: este bergantiñán nace cunha pandeireta debaixo do brazo nunha casa de pandeireteiras, de xeito natural e da man de súa bisavoa comezará a súa andaina. Máis adiante rodéase de novas  compañeiras de cantos, as pandeireteiras de Anxeriz, as de Arcos, as de Sabaceda… Tamén formou parte dos Pandeireteiros do Alprende , e do grupo Fouleada de Mazaricos entre outros.

Tívose en conta:

  • A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
  • A súa dificultade.
  • A afinación.
  • A interpretación.

Participantes por categorías

Listado de grupos participantes:

CATEGORÍA A

  1. ‘Lerchiñ@s’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
  2. ‘Rubideiras’ da Asociación Cultural Donaire (A Coruña)
  3. ‘Picariñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
  4. ‘Xeitosiños’ dos Os Xeitosos de Trazo
  5. ‘Pícaras’ da E.M.B.T de Coirós
  6. ‘Chisparelas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  7. ‘Grupo E’ da A.F. Cantigas e Agarimos (Compostela)
  8. ‘Ardora’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  9. ‘Teceláns’ da A.C.F O Fiadeiro (Vigo)

CATEGORÍA B

  1. ‘Sabicheiras’ da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo
  2. ‘Xoaniñas’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  3. ‘Axóuxeres’ da A.C Nemeth (Carballo)
  4. ‘Grileiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
  5. ‘Titiriteiras’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  6. ‘Lareteiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
  7. ‘Azaloira’ da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo)
  8. ‘Moreniñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
  9. ‘Repoludas’ da E.M.B.T de Coirós
  10.  ‘Abrollos’ da A.C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)

CATEGORIA C    

  1. ‘Meiroqueiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
  2. ‘Falangueiras’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
  3. ‘Velai vai’ da A.C. Donaire (A Coruña)
  4. ‘ATelleira’ do C.C. A Ponte Vella (Teo)
  5. ‘Tarandeiras’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  6. ‘Laretas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  7. ‘Silandeiras’ da E.M.B.T de Coirós
  8. ‘Areíñas’ da Asociación Cultural Soalleira (Sanxenxo)
  9. ‘5 Ferreñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)

CATEGORÍA D

  1. ‘Garuleiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
  2. ‘Barulleiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
  3. Pandeireteiras “Os Muíños de Oliveira” da A. C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
  4. ‘Argalleiros’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  5. ‘Ferriñas Bravas’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
  6. ‘Arnela’ da A.D.M.T. Queiroa (Sada)
  7. ‘Grupo A’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
  8. Tarambainas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Nesta convocatoria non participaron os grupos da A.X. Xiradela, anfitrioa e organizadora desta cita na que colabora o Concello de Arteixo.

Máis de 260 persoas participarán o domingo no XXVI Concurso de Música Tradicional de Xiradela

  • O auditorio do CCC Arteixo acolle o domingo, 19 de abril, desde as 10:30 horas, unha nova edición desta cita que terá quenda de mañá e tarde.
  • Tomarán parte 38 grupos de 20 agrupacións chegadas de diferentes zonas de Galicia.
  • Auméntase a dotación en premios xa que este ano repartiranse preto de 3.000 euros en premios sumando as catro categorías a concurso.
  • A cita poderá seguirse pola canle de YouTube da asociación.

Un total de 38 grupos tomarán parte no XXVI Concurso de Música Tradicional de Xiradela xuntándose máis de 260 pandeireteiros e pandeireteiras. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de abril de 2026, en horario de mañá e tarde, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ademais poderá seguirse en liña a través da canle de YouTube da asociación arteixá picando na seguinte dirección: https://youtube.com/live/geaJQr4ySuk?feature=share

Participan agrupacións chegadas de diferentes puntos de Galicia como Coirós, Ames, A Coruña, Carballo, Trazo, Boimorto, Compostela, Sada, Ponteareas, Ponteceso, Rianxo, Vigo, Sanxenxo, Lugo ou Teo, entre doutros.

O concurso comezará ás 10:30 horas e estenderase ao longo da mañá, aproximadamente ata ás 14:00 horas. O acceso ao Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo é de balde ata completar o espazo para o público que desexe gozar da actuación. A quenda de tarde iníciase ás 16:00 horas estendéndose previsiblemente ata as 20:00 horas. A rotación de público é alta, por ese motivo, en anos previos o público que acudiu á cita ao longo do día aproximouse ás 1.000 persoas.

Fóra do Auditorio, na contorna do paseo fluvial, en pleno centro de Arteixo, o ambiente previo ás actuacións vívese dun xeito especial e colorido. Adoitase ver a pandeireteiras e pandeireiros ultimando os detalles da súa vestimenta, rematando de aquelar un refaixo, colocando ben o pano da cabeza ou afinando voces e quentando o pulso pandeireta en man para que as ferreñas soen a xeito sobre o escenario.

Participantes por categorías e premios

Como en anos anteriores, a 26.ª edición do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela conta con catro categorías que se dividen en función das idades das persoas integrantes do grupo. Para cada unha desas categorías hai premios en metálico para primeiro, segundo e terceiro clasificado, ademais dun trofeo para o colectivo con mellor vestiario.

En total alcánzase a cantidade de 2.900€ en premios sumando todas as categorías. Os grupos participantes poden ser: femininos, masculinos ou mixtos, e será obrigatorio o uso do traxe tradicional.

As categorías a concurso son:

  • CATEGORÍA A: ata os 10 anos. Participan 10 grupos
  • CATEGORÍA B: de máis de 10 aos 13 anos. Participan 10 grupos.
  • CATEGORÍA C: de máis de 13 aos 17 anos. Participan 10 grupos.
  • CATEGORÍA D: de máis de 17 anos en diante. Participan 8 grupos.

Os premios serán os seguintes en cada unha das categorías:

CATEGORÍA A

  • 1º premio: trofeo e 300 €
  • 2º premio: trofeo e 200 €
  • 3º premio: trofeo e 100 €
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo

CATEGORÍA B

  • 1º premio: trofeo e 300 €
  • 2º premio: trofeo e 200 €
  • 3º premio: trofeo e 100 €
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo

CATEGORÍA C

  • 1º premio: trofeo e 400 €
  • 2º premio: trofeo e 200 €
  • 3º premio: trofeo e 100 €
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo

CATEGORÍA D

  • 1º premio: trofeo e 500 €
  • 2º premio: trofeo e 300 €
  • 3º premio: trofeo e 200 €
  • Premio ao mellor vestiario: trofeo

Listado de grupos participantes:

CATEGORÍA A

  1. ‘Lerchiñ@s’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
  2. ‘Rubideiras’ da Asociación Cultural Donaire (A Coruña)
  3. ‘Picariñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
  4. ‘Xeitosiños’ dos Os Xeitosos de Trazo
  5. ‘Pícaras’ da E.M.B.T de Coirós
  6. ‘Chisparelas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  7. ‘Grupo E’ da A.F. Cantigas e Agarimos (Compostela)
  8. ‘Pechacancelas’ Asociación Cultural Soalleira (Sanxenxo)
  9. ‘Ardora’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  10. ‘Teceláns’ da A.C.F O Fiadeiro (Vigo)

CATEGORÍA B

  1. ‘Sabicheiras’ da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo
  2. ‘Xoaniñas’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  3. ‘Axóuxeres’ da A.C Nemeth (Carballo)
  4. ‘Grileiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
  5. ‘Titiriteiras’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  6. ‘Lareteiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
  7. ‘Azaloira’ da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo)
  8. ‘Moreniñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
  9. ‘Repoludas’ da E.M.B.T de Coirós
  10.  ‘Abrollos’ da A.C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)

CATEGORIA C    

  1. ‘Meiroqueiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
  2. ‘Falangueiras’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
  3. ‘Velai vai’ da A.C. Donaire (A Coruña)
  4. ‘ATelleira’ do C.C. A Ponte Vella (Teo)
  5. ‘Tarandeiras’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  6. ‘Laretas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  7. ‘Silandeiras’ da E.M.B.T de Coirós
  8. ‘Areíñas’ da Asociación Cultural Soalleira (Sanxenxo)
  9. ‘5 Ferreñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
  10.  ‘Avelaíñas’ da A.C. Inllar (Ponteceso)

CATEGORÍA D

  1. ‘Garuleiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
  2. ‘Barulleiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
  3. ‘Tarambainas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
  4. Pandereteiras “Os Muíños de Oliveira” da A. C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
  5. ‘Argalleiros’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
  6. ‘Ferriñas Bravas’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
  7. ‘Arnela’ da A.D.M.T. Queiroa (Sada)
  8. ‘Grupo A’ da A.C. Retranqueiros (Ames)

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.

No momento da cualificación o xurado terá en conta:

  • A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
  • A súa dificultade.
  • A afinación.
  • A interpretación.

O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela, anfitrioa e organizadora desta cita na que colabora o Concello de Arteixo.

XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA

BASES DO XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS DA A.X. XIRADELA

  1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
  2. Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
  • CATEGORÍA A: ata os 10 anos
  • CATEGORÍA B: de máis de 10 aos 13 anos
  • CATEGORÍA C: de máis de 13 aos 17 anos
  • CATEGORÍA D: de máis de 17 anos en diante
  1. Só os 10 primeiros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
  2. Cada asociación só poderá presentar un grupo en cada categoría.
  3. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
  4. Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos.
  5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
  6. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de cinco grupos.
  7. Os premios serán os seguintes:
  • 1º premio: trofeo e 300 €
  • 2º premio: trofeo e 200 €
  • 3º premio: trofeo e 100 €
  • Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo
  1. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que participará no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
  2. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
  • A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
  • A súa dificultade
  • A afinación
  • A interpretación
  1. O concurso terá lugar o día 19 de abril de 2026 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se aproxime a data do concurso.
  2. A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e das redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 28 de febreiro, ás 12:00 h e remata o sábado, 28 de marzo, ás 14:00 h.
  3. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
  4. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición.
  5. A organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que provoque dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
  6. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 19 de abril de 2026. É necesario que os /as gañadores/as estean presentes no escenario para recoller o dito premio. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
  7. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
  8. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com.
  9. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.

Inscricións, neste formulario

XXVI Concurso de música tradicional - Grupos de pandeireteiras/os de A. X. Xiradela.
XXVI Concurso de música tradicional – Grupos de pandeireteiras/os de A. X. Xiradela.