- O auditorio do C.C.C. Arteixo acolleu preto de 40 grupos de 20 agrupacións chegadas de diferentes partes de Galicia.
- Nesta 26.ª edición a dotación en premios foi de preto de 3.000 euros sumando as catro categorías a concurso.
- Na categoría A levou o primeiro premio o grupo Teceláns da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo.
- Na categoría B acadou o primeiro premio o grupo Xoaniñas da A.C. Xacarandaina da Coruña.
- Na categoría C o primeiro premio correspondeu a Laretas da A.C.F. Tarambainas.
- Na categoría D o grupo Tarambainas da A.C.F. Tarambainas conseguía o primeiro premio.
O auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolleu o XXVI Concurso de Música Tradición de Xiradela no que tomaron parte preto de 40 grupos chegados de 20 agrupacións de diferentes lugares de Galicia.

Os premios foron para:
CATEGORÍA A
- 1º premio: trofeo e 300 € – Teceláns da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo
- 2º premio: trofeo e 200 € – Ardora A.C. Xacarandaina da Coruña
- 3º premio: trofeo e 100 € – Grupo E da A.F. Cantigas e Agarimos de Compostela
- Premio ao mellor vestiario: trofeo – Picariñas da A. M. B. T. Vai de Roda

CATEGORÍA B
- 1º premio: trofeo e 300 € – Xoaniñas da A.C. Xacarandaina da Coruña
- 2º premio: trofeo e 200 € – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo
- 3º premio: trofeo e 100 € – Moreniñas da A.M.B.T. Vai de Roda de de Rianxo
- Premio ao mellor vestiario: trofeo – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo

CATEGORÍA C
- 1º premio: trofeo e 400 € – Laretas da A.C.F. Tarambainas
- 2º premio: trofeo e 200 € – Areíñas da A.C. Soalleira
- 3º premio: trofeo e 100 € – Falangueiras da A.C.F. O Fiadeiro
- Premio ao mellor vestiario: trofeo – Laretas da A.C.F. Tarambainas
CATEGORÍA D
- 1º premio: trofeo e 500 € – Tarambainas da A.C.F. Tarambainas
- 2º premio: trofeo e 300 € – Grupo A da A.C. Retranqueiros
- 3º premio: trofeo e 200 € – Garuleiros da A.C. Donaire
- Premio ao mellor vestiario: trofeo – Argalleiros de Xacarandaina

Preto de 300 pandeireteiros e pandeireteiras cantaron coplas de lugares como Limiñoa, Montemaior, Piornedo, Avión ou Anxeriz. A música popular galega foi protagonista dunha xornada que tivo quenda de mañá e tarde. Soaron instrumentos de percusión como pandeiretas, pandeiros, pandeiras, pratos, cunchas, trepias, botellas e latas.
Ao longo deste domingo unhas 1.000 persoas foron pasando polo auditorio arteixán cunha gran rotación de público. Nesta cita do ano 2026 participan agrupacións chegadas de lugares como A Coruña, Ames, Boimorto, Carballo, Coirós, Compostela, Lugo, Ponteareas, Ponteceso, Rianxo, Sada, Sanxenxo, Teo, Trazo ou Vigo, entre outros.
Esta 26.ª pódese ver en liña a través da canle de YouTube da A.X. Xiradela picando no seguinte enlace: https://youtube.com/live/geaJQr4ySuk?feature=share
Ana García, Violeta Piñeiro e Ricardo Graíño foron xurado
O xurado estivo conformado polas seguintes tres persoas:
Ana M García Otero: foi compoñente da Agrupación Cantigas e Agarimos como bailadora e pandeireteira durante mais dunha década, e como bailadora en Brincadeira. Estivo no grupo de Música tradicional Violia e foi mestra de baile, pandeireta e canto tradicional en distintas agrupacións de Santiago e a súa contorna, e acompañou todo isto con traballo de campo.
Violeta Piñeiro Barros: é mestra de canto e pandeireta e socia-fundadora das pandeireteiras Lina e Lola. Tamén formou parte da Asociación Cultural Lembranzas da Ría e de Cantigas e Agarimos. Coas súas compañeiras de Lina e Lola, ten colaborado con artistas como Xabier Díaz, Ailá, Alana, El Nido, Unto Vello, Xurxo Fernandes, Caamaño&Ameixeiras ou Mondra, entre outros. Como curiosidade, foi este o primeiro concurso no que participaron, alá polo 2012.
Ricardo Graíño: este bergantiñán nace cunha pandeireta debaixo do brazo nunha casa de pandeireteiras, de xeito natural e da man de súa bisavoa comezará a súa andaina. Máis adiante rodéase de novas compañeiras de cantos, as pandeireteiras de Anxeriz, as de Arcos, as de Sabaceda… Tamén formou parte dos Pandeireteiros do Alprende , e do grupo Fouleada de Mazaricos entre outros.
Tívose en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade.
- A afinación.
- A interpretación.
Participantes por categorías
Listado de grupos participantes:
CATEGORÍA A
- ‘Lerchiñ@s’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
- ‘Rubideiras’ da Asociación Cultural Donaire (A Coruña)
- ‘Picariñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
- ‘Xeitosiños’ dos Os Xeitosos de Trazo
- ‘Pícaras’ da E.M.B.T de Coirós
- ‘Chisparelas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
- ‘Grupo E’ da A.F. Cantigas e Agarimos (Compostela)
- ‘Ardora’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
- ‘Teceláns’ da A.C.F O Fiadeiro (Vigo)
CATEGORÍA B
- ‘Sabicheiras’ da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo
- ‘Xoaniñas’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
- ‘Axóuxeres’ da A.C Nemeth (Carballo)
- ‘Grileiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
- ‘Titiriteiras’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
- ‘Lareteiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
- ‘Azaloira’ da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo)
- ‘Moreniñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
- ‘Repoludas’ da E.M.B.T de Coirós
- ‘Abrollos’ da A.C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
CATEGORIA C
- ‘Meiroqueiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
- ‘Falangueiras’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
- ‘Velai vai’ da A.C. Donaire (A Coruña)
- ‘ATelleira’ do C.C. A Ponte Vella (Teo)
- ‘Tarandeiras’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
- ‘Laretas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
- ‘Silandeiras’ da E.M.B.T de Coirós
- ‘Areíñas’ da Asociación Cultural Soalleira (Sanxenxo)
- ‘5 Ferreñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
CATEGORÍA D
- ‘Garuleiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
- ‘Barulleiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
- Pandeireteiras “Os Muíños de Oliveira” da A. C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
- ‘Argalleiros’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
- ‘Ferriñas Bravas’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
- ‘Arnela’ da A.D.M.T. Queiroa (Sada)
- ‘Grupo A’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
- Tarambainas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Nesta convocatoria non participaron os grupos da A.X. Xiradela, anfitrioa e organizadora desta cita na que colabora o Concello de Arteixo.