Na Asociación Xuvenil Xiradela estamamos ás portas do inicio do curso 2026-27 que dará comezo na semana do 14/09/2026. Pero antes de que empecen as clases, tendes que apuntarvos. Contamos con vós!
Para actividades nas que empezas de novo, podes vir a primeira semana a modo de proba gratuíta para ver se che presta. Pero xa avisamos: quen proba, repite porque a vida en Xira non é de perdere!
Cando e como inscribirse
Para que empecedes ou retomedes as vosas tardes de música e baile tradicional coa A.X. Xiradela, antes tendes que tramitar a vosa inscrición.
Se xa eras unha persoa socia e cumplimentache o formulario que mandamos no seu día, non tes que facer máis nada.
Se es unha persoa socia, pero inicias unha nova actividade, ou eras nova/o como socio/a, estos son os días e horarios de inscrición nas actividades da A. X. Xiradela:
🗓️ Socios/as 1-2-3 setembro
🗓️ Novos socios/as 7-8-9 setembro
⏰ 19:00 h a 21:00 horas
📍 Esperámoste nas instalacións da A.X. Xiradela en Agarimo, na rúa Padre Villa, 30, no Concello de Arteixo (A Coruña).
🥁 No curso 2026-27 temos estas actividades :
⏺️ Baile tradicional
⏺️ Pandeireta e canto tradicional
⏺️ Gaita
⏺️ Percusión
![]()
Ofertamos diferentes niveis para cada actividade. Busca onde podes encaixar mellor, consulta os horarios nesta ligazón a unha publicación anterior e consúltanos todas as dúbidas que teñas a través do correo electrónico: xiradela@yahoo.es ou no teléfono 698 179 264
Onde están as instalacións de Xiradela?
Como aconteceu nos últimos anos, as clases impártense nas instalacións da Asociación Xuvenil Xiradela na rúa Padre Villa, 30, no Concello de Arteixo (A Coruña) en horarios de tarde.
Estas actividades son posibles grazas a colaboración do Concello de Arteixo e da Deputación da Coruña.
E se a´índa non es de Xira, anímate! Non te vas arrepentir de vir gozar da nosa cultura e sumar na conservación do noso baile e a nosa música.