Actuación conxunta da Asociación Xuvenil Xiradela no fin de curso 2025-26

Coñece os horarios das clases da A.X. Xiradela para o curso 2026-27

Para as persoas que desexen sumarse á Asociación Xuvenil Xiradela e inscribirse nalgunha das súas actividades, trasladamos nesta publicación os horarios das clases que temos previstas para o curso 2026-27. 

Ofértanse actividades de baile tradicional, pandeireta e canto tradicional, así como de gaita e percusión.

A nosa intención é que poidades ir planificando a vosa incorporación a aquelas actividades que vos presten e sexan compatibles co voso día a día.

Veredes que hai horarios e niveis diferentes para cada actividade. Busca onde podes encaixar mellor e consúltanos todas as dúbidas que teñas a través do correo electrónico: xiradela@yahoo.es.

Onde se imparten as actividades de Xiradela?

Como aconteceu nos últimos anos, as clases impártense nas instalacións da Asociación Xuvenil Xiradela na rúa Padre Villa, 30, no Concello de Arteixo (A Coruña).

Cando inscribirse

Proximamente informaremos do proceso para tramitar as inscricións. Esta información publicarase a través das redes sociais da Asociación Xuvenil Xiradela. Podes atoparnos en Facebook e en Instagram.

Lembra que se xa es socia/o tes na nosa canle de whatsapp un formulario para facer unha preinscrición que nos permita dimensionar os grupos. Contamos con vós tamén este curso que vai comezar en breve.

E se a´índa non es de Xira, anímate! Non te vas arrepentir de vir gozar da nosa cultura e sumar na conservación do noso baile e a nosa música.

#EuSonDeXira, e ti?

Grupo de baile Foliadeiras da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO
Grupo de baile Foliadeiras da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO

BAILE TRADICIONAL (12€/mes)

 

GRUPO

IDADE

MESTRA

DÍA

HORARIO

Xideliñas

+8 anos

Marina

Luns

18:00 – 19:00

Arroutada

+12 anos

Marina

Luns

19:00 – 20:00

Foliadeiras

Adultos/as intermedio

Marina

Luns

21:00 – 22:00

Barreiriños

+4 anos

Uxía

Mércores

16:00 – 17:00

Bilitroques

+7 anos

Uxía

Mércores

17:00 – 18:00

Catuxas

+16 anos

Marina

Mércores

19:30 – 20:30

Xestiñas

Persoas adultas iniciación

Marina

Mércores

20:30 – 21:30

Cinqulimpé

Persoas adultas perfeccionamiento

Marina

Mércores

21:30 – 22:30

Pandeireteiras de Algarada da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO
Pandeireteiras de Algarada da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO

PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL (14€/mes)

GRUPO

IDADE

MESTRA

DÍA

HORARIO

Estalotes

+8 anos

Ángela

Luns

18:00-19:00

Chiculate

+6 anos

Ángela

Luns

19:00-20:00

Troulada

Adultos/as Intermedio

Ángela

Luns

20:00-21:00

Retelladas

Adultos/as Intermedio

Marina

Luns

20:00-21:00

Latarexas

Adultos/as iniciación

Ángela

Luns

21:00-22:00

Lume

+12 anos mozas/os intermedio

Fer

Martes

19:30-20:30

A Pedreira

+14 anos mozas/os perfeccionamento

Fer

Martes

20:30-21:30

Marusía

Adultos/as iniciación

Silvia

Martes

20:30-21:30

Algarada

Adultos/as perfeccionamento

Fer

Martes

21:30-22:30

Cantaruxas

+4 anos

Ángela

Mércores

17:00-18:00

A Furoca

+7 anos

Ángela

Mércores

18:00-19:00

Iniciación

Persoas adultas

Silvia

Mércores

18:30-19:30

Riscadeiras

Adultos/as iniciación

Uxía

Mércores

19:30-20:30

A Regocheo

Homes

Silvia

Mércores

20:30-21:30

Mistura

Adultos/as iniciación

Silvia

Mércores

21:30-22:30

Grupo de gaitas da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO
Grupo de gaitas da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO

GAITA E PERCUSIÓN (15€/mes)

GRUPO

MESTRE

DÍA

HORARIO

Percusión iniciación

Suso

Martes

17:00 – 18:00

Percusión persoas adultas

Suso

Martes

18:00 – 19:00

Gaita iniciación

Suso

Martes

19:00 – 20:30

Gaita persoas adultas

Suso

Martes

21:30 – 22:30

 

Percusión da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO
Percusión da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO