Falarmos… Nós, son grupos de conversa que buscan fomentar o uso oral do galego entre persoas que o coñecen, pero non o empregan habitualmente, ben por falta de apoio na súa contorna ou por seren persoas chegadas de fóra que aínda están en proceso de aprendizaxe.
A través desta iniciativa da Deputación da Coruña xeramos contornas seguras nas que perder o medo a falar e recuperar a confianza no uso da lingua fóra de contextos formais ou académico.
Non son clases de lingua. Non se impartirán contidos gramaticais nin ortográficos, senón que se fomentará a práctica da conversa nun ambiente seguro e participativo. É dicir, conversamos e así aprendemos coa guía dunha persoa, neste caso a nosa compañeira Carmen Pereiro que dinamiza o grupo.
Falarmos… Nós será os xoves pola tarde
É unha actividade de balde, pero con prazas limitadas na que priorizaremos as persoas socias da A.X. Xiradela. O grupo de conversa Falarmos… Nós da A.X. Xiradela xuntarase os xoves de 18:30 a 19:30 horas nas instalacións da asociación arteixá e ten previsto retomarse a partir de setembro de 2026.
Para recibir máis información podes dirixirte a Xiradela a través do enderezo electrónico: xiradela@yahoo.es.
Para as persoas que desexen sumarse á Asociación Xuvenil Xiradela e inscribirse nalgunha das súas actividades, trasladamos nesta publicación os horarios das clases que temos previstas para o curso 2026-27.
Ofértanse actividades de baile tradicional, pandeireta e canto tradicional, así como de gaita e percusión.
A nosa intención é que poidades ir planificando a vosa incorporación a aquelas actividades que vos presten e sexan compatibles co voso día a día.
Veredes que hai horarios e niveis diferentes para cada actividade. Busca onde podes encaixar mellor e consúltanos todas as dúbidas que teñas a través do correo electrónico: xiradela@yahoo.es.
Onde se imparten as actividades de Xiradela?
Como aconteceu nos últimos anos, as clases impártense nas instalacións da Asociación Xuvenil Xiradela na rúa Padre Villa, 30, no Concello de Arteixo (A Coruña).
Cando inscribirse
Proximamente informaremos do proceso para tramitar as inscricións. Esta información publicarase a través das redes sociais da Asociación Xuvenil Xiradela. Podes atoparnos en Facebook e en Instagram.
Lembra que se xa es socia/o tes na nosa canle de whatsapp un formulario para facer unha preinscrición que nos permita dimensionar os grupos. Contamos con vós tamén este curso que vai comezar en breve.
E se a´índa non es de Xira, anímate! Non te vas arrepentir de vir gozar da nosa cultura e sumar na conservación do noso baile e a nosa música.
#EuSonDeXira, e ti?
Grupo de baile Foliadeiras da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO
BAILE TRADICIONAL (12€/mes)
GRUPO
IDADE
MESTRA
DÍA
HORARIO
Xideliñas
+8 anos
Marina
Luns
18:00 – 19:00
Arroutada
+12 anos
Marina
Luns
19:00 – 20:00
Foliadeiras
Adultos/as intermedio
Marina
Luns
21:00 – 22:00
Barreiriños
+4 anos
Uxía
Mércores
16:00 – 17:00
Bilitroques
+7 anos
Uxía
Mércores
17:00 – 18:00
Catuxas
+16 anos
Marina
Mércores
19:30 – 20:30
Xestiñas
Persoas adultas iniciación
Marina
Mércores
20:30 – 21:30
Cinqulimpé
Persoas adultas perfeccionamiento
Marina
Mércores
21:30 – 22:30
Pandeireteiras de Algarada da A.X. Xiradela / SABELA MOSCOSO
Un total de nove agrupacións daranse cita na tarde do vindeiro domingo, 10 de maio a partir das 18:00 horas,no Paseo do Balneiro en Arteixo, en caso de choiva a actividade trasladarase ao Campo da Festa.
“Será unha tarde na que a música e o baile tradicional van ser protagonistas a pé de rúa para goce da veciñanza e visitantes que veñan por Arteixo o domingo, pero nomeadamente para as bailadoras e bailadores que participarán”, explica Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradela.
Participarán agrupacións chegadas da contorna como: A Coruña, A Laracha, Oleiros, Vimianzo, Sada, Betanzos, Carballo e Arteixo.
Cartel do 38.º Día da Muiñeira de Arteixo
A 38ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que ano tras ano organiza a A.X. Xiradela, terá lugar o vindeiro domingo, 10 de maio, a partir das 18:00 horas no Paseo do Balneario. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Campo da Festa como xa ten acontecido en anos previos. A peza escollida para esta ocasión, e que executarán de xeito conxunto todos os grupos de baile, é a ‘Muiñeira de Santaia de Moar”.
O Día da Muiñeira de Arteixo suma, con esta, 38 edicións poñendo en valor esta peza tradicional e reunindo ao son deste ritmo a bailadores e bailadoras chegados de diferentes puntos da contorna. “Será, como en anos anteriores, unha tarde na que a música e o baile tradicional van ser protagonistas a pé de rúa para goce da veciñanza e visitantes que veñan por Arteixo o domingo, pero nomeadamente para as bailadoras e bailadores que participarán nesta edición do ano 2026”, comenta Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradelaque organiza un ano máis esta cita.
Nesta ocasión participan nove agrupacións. Estímase que ao redor de 200 persoas estarán bailando a mesma peza a un tempo no Paseo do Balneario de Arteixo. O público poderá seguir ao vivo esta proposta cultural a pé de rúa, polo que se agarda unha tarde con moito ambiente no concello arteixán.
“O noso folclore está moi vivo e as novas xeracións, que son as grandes protagonistas do noso Día da Muiñeira, son proba diso. Queremos sumar para que a xente desfrute da nosa cultura, gozar do noso nas rúas das nosas vilas e cidades”, apunta Uxía Verdía.
A lista de agrupacións que tomarán parte do XXXVIII Día da Muiñeira de Arteixo está formada por:
Colexio Sagrado Corazón Franciscanas (A Coruña)
A.C. Garrulaxe de Cecebre (Cambre)
Asociación Cultural Nemeth (Carballo)
A.C. Santa María de Torás (A Laracha)
A.M.D.T. Queiroa (Sada)
A.C. Trubisquiña (Vimianzo)
Escola Municipal de Folclore Azougue de Betanzos (Betanzos)
Asociación Cultural A Marola (Oleiros)
A.X. Xiradela (Arteixo)
Cada grupo terá reservado un espazo concreto ao longo do Paseo do Balneario onde se irán colocando ao arranque do acto. Ata en tres ocasións bailarán os grupos a ‘Muiñeira de Santaia de Moar’ a un tempo. Santa Eulalia de Moar, chamada oficialmente Santaia de Moar, é unha parroquia do concello coruñés de Frades.
Cada un deses grupos executará os puntos e as voltas que elixiu para esta actuación. Entre cada un dos tres pases haberá un descanso. A adaptación da peza contará con catro puntos e cinco voltas.
Ao final da cita as asociacións participantes recibirán un detalle en lembranza pola súa participación no XXXVIII Día da Muiñeira de Arteixo. Tamén se lles repartirá unha merenda aos bailadores e bailadoras participantes.
O auditorio do C.C.C. Arteixo acolleu preto de 40 grupos de 20 agrupacións chegadas de diferentes partes de Galicia.
Nesta 26.ª edición a dotación en premios foi de preto de 3.000 euros sumando as catro categorías a concurso.
Na categoría A levou o primeiro premio o grupo Teceláns da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo.
Na categoría B acadou o primeiro premio o grupo Xoaniñas da A.C. Xacarandaina da Coruña.
Na categoría C o primeiro premio correspondeu a Laretas da A.C.F. Tarambainas.
Na categoría D o grupo Tarambainas da A.C.F. Tarambainas conseguía o primeiro premio.
O auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolleu o XXVI Concurso de Música Tradición de Xiradela no que tomaron parte preto de 40 grupos chegados de 20 agrupacións de diferentes lugares de Galicia.
Todos os grupos das categorías A e B do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
Os premios foron para:
CATEGORÍA A
1º premio: trofeo e 300 € – Teceláns da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo
2º premio: trofeo e 200 € – Ardora A.C. Xacarandaina da Coruña
3º premio: trofeo e 100 € – Grupo E da A.F. Cantigas e Agarimos de Compostela
Premio ao mellor vestiario: trofeo – Picariñas da A. M. B. T. Vai de Roda
Gañadores Categorías A e B do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
CATEGORÍA B
1º premio: trofeo e 300 € – Xoaniñas da A.C. Xacarandaina da Coruña
2º premio: trofeo e 200 € – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo
3º premio: trofeo e 100 € – Moreniñas da A.M.B.T. Vai de Roda de de Rianxo
Premio ao mellor vestiario: trofeo – Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas de Vigo
Grupos gañadores das categorías C e D do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
CATEGORÍA C
1º premio: trofeo e 400 € – Laretas da A.C.F. Tarambainas
2º premio: trofeo e 200 € – Areíñas da A.C. Soalleira
3º premio: trofeo e 100 € – Falangueiras da A.C.F. O Fiadeiro
Premio ao mellor vestiario: trofeo – Laretas da A.C.F. Tarambainas
CATEGORÍA D
1º premio: trofeo e 500 € – Tarambainas da A.C.F. Tarambainas
2º premio: trofeo e 300 € – Grupo A da A.C. Retranqueiros
3º premio: trofeo e 200 € – Garuleiros da A.C. Donaire
Premio ao mellor vestiario: trofeo – Argalleiros de Xacarandaina
Todos os grupos das categorías C e D do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela 2026
Preto de 300 pandeireteiros e pandeireteiras cantaron coplas de lugares como Limiñoa, Montemaior, Piornedo, Avión ou Anxeriz. A música popular galega foi protagonista dunha xornada que tivo quenda de mañá e tarde. Soaron instrumentos de percusión como pandeiretas, pandeiros, pandeiras, pratos, cunchas, trepias, botellas e latas.
Ao longo deste domingo unhas 1.000 persoas foron pasando polo auditorio arteixán cunha gran rotación de público. Nesta cita do ano 2026 participan agrupacións chegadas de lugares como A Coruña, Ames, Boimorto, Carballo, Coirós, Compostela, Lugo, Ponteareas, Ponteceso, Rianxo, Sada, Sanxenxo, Teo, Trazo ou Vigo, entre outros.
Ana García, Violeta Piñeiro e Ricardo Graíño foron xurado
O xurado estivo conformado polas seguintes tres persoas:
Ana M García Otero: foi compoñente da Agrupación Cantigas e Agarimos como bailadora e pandeireteira durante mais dunha década, e como bailadora en Brincadeira. Estivo no grupo de Música tradicional Violia e foi mestra de baile, pandeireta e canto tradicional en distintas agrupacións de Santiago e a súa contorna, e acompañou todo isto con traballo de campo.
Violeta Piñeiro Barros: é mestra de canto e pandeireta e socia-fundadora das pandeireteiras Lina e Lola. Tamén formou parte da Asociación Cultural Lembranzas da Ría e de Cantigas e Agarimos. Coas súas compañeiras de Lina e Lola, ten colaborado con artistas como Xabier Díaz, Ailá, Alana, El Nido, Unto Vello, Xurxo Fernandes, Caamaño&Ameixeiras ou Mondra, entre outros. Como curiosidade, foi este o primeiro concurso no que participaron, alá polo 2012.
Ricardo Graíño: este bergantiñán nace cunha pandeireta debaixo do brazo nunha casa de pandeireteiras, de xeito natural e da man de súa bisavoa comezará a súa andaina. Máis adiante rodéase de novas compañeiras de cantos, as pandeireteiras de Anxeriz, as de Arcos, as de Sabaceda… Tamén formou parte dos Pandeireteiros do Alprende , e do grupo Fouleada de Mazaricos entre outros.
Tívose en conta:
A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
A súa dificultade.
A afinación.
A interpretación.
Participantes por categorías
Listado de grupos participantes:
CATEGORÍA A
‘Lerchiñ@s’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
‘Rubideiras’ da Asociación Cultural Donaire (A Coruña)
‘Picariñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
‘Xeitosiños’ dos Os Xeitosos de Trazo
‘Pícaras’ da E.M.B.T de Coirós
‘Chisparelas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
‘Grupo E’ da A.F. Cantigas e Agarimos (Compostela)
‘Ardora’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Teceláns’ da A.C.F O Fiadeiro (Vigo)
CATEGORÍA B
‘Sabicheiras’ da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo
‘Xoaniñas’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Axóuxeres’ da A.C Nemeth (Carballo)
‘Grileiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
‘Titiriteiras’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
‘Lareteiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
‘Azaloira’ da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo)
‘Moreniñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
‘Repoludas’ da E.M.B.T de Coirós
‘Abrollos’ da A.C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
CATEGORIA C
‘Meiroqueiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
‘Falangueiras’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
‘Velai vai’ da A.C. Donaire (A Coruña)
‘ATelleira’ do C.C. A Ponte Vella (Teo)
‘Tarandeiras’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Laretas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
‘Silandeiras’ da E.M.B.T de Coirós
‘Areíñas’ da Asociación Cultural Soalleira (Sanxenxo)
‘5 Ferreñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
CATEGORÍA D
‘Garuleiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
‘Barulleiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
Pandeireteiras “Os Muíños de Oliveira” da A. C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
‘Argalleiros’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Ferriñas Bravas’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
‘Arnela’ da A.D.M.T. Queiroa (Sada)
‘Grupo A’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
Tarambainas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Nesta convocatoria non participaron os grupos da A.X. Xiradela, anfitrioa e organizadora desta cita na que colabora o Concello de Arteixo.
O auditorio do CCC Arteixo acolle o domingo,19 de abril, desde as 10:30 horas, unha nova edición desta cita que terá quenda de mañá e tarde.
Tomarán parte 38 grupos de 20 agrupacións chegadas de diferentes zonas de Galicia.
Auméntase a dotación en premios xa que este ano repartiranse preto de 3.000 euros en premios sumando as catro categorías a concurso.
A cita poderá seguirse pola canle de YouTube da asociación.
Un total de 38 grupos tomarán parte no XXVI Concurso de Música Tradicional de Xiradela xuntándose máis de 260 pandeireteiros e pandeireteiras. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de abril de 2026, en horario de mañá e tarde, no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ademais poderá seguirse en liña a través da canle de YouTube da asociación arteixá picando na seguinte dirección: https://youtube.com/live/geaJQr4ySuk?feature=share
Participan agrupacións chegadas de diferentes puntos de Galicia como Coirós, Ames, A Coruña, Carballo, Trazo, Boimorto, Compostela, Sada, Ponteareas, Ponteceso, Rianxo, Vigo, Sanxenxo, Lugo ou Teo, entre doutros.
O concurso comezará ás 10:30 horas e estenderase ao longo da mañá, aproximadamente ata ás 14:00 horas. O acceso ao Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo é de balde ata completar o espazo para o público que desexe gozar da actuación. A quenda de tarde iníciase ás 16:00 horas estendéndose previsiblemente ata as 20:00 horas. A rotación de público é alta, por ese motivo, en anos previos o público que acudiu á cita ao longo do día aproximouse ás 1.000 persoas.
Fóra do Auditorio, na contorna do paseo fluvial, en pleno centro de Arteixo, o ambiente previo ás actuacións vívese dun xeito especial e colorido. Adoitase ver a pandeireteiras e pandeireiros ultimando os detalles da súa vestimenta, rematando de aquelar un refaixo, colocando ben o pano da cabeza ou afinando voces e quentando o pulso pandeireta en man para que as ferreñas soen a xeito sobre o escenario.
Participantes por categorías e premios
Como en anos anteriores, a 26.ª edición do Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela conta con catro categorías que se dividen en función das idades das persoas integrantes do grupo. Para cada unha desas categorías hai premios en metálico para primeiro, segundo e terceiro clasificado, ademais dun trofeo para o colectivo con mellor vestiario.
En total alcánzase a cantidade de 2.900€ en premios sumando todas as categorías. Os grupos participantes poden ser: femininos, masculinos ou mixtos, e será obrigatorio o uso do traxe tradicional.
As categorías a concurso son:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos. Participan 10 grupos
CATEGORÍA B: de máis de 10 aos 13 anos. Participan 10 grupos.
CATEGORÍA C: de máis de 13 aos 17 anos. Participan 10 grupos.
CATEGORÍA D: de máis de 17 anos en diante. Participan 8 grupos.
Os premios serán os seguintes en cada unha das categorías:
CATEGORÍA A
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario: trofeo
CATEGORÍA B
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario: trofeo
CATEGORÍA C
1º premio: trofeo e 400 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario: trofeo
CATEGORÍA D
1º premio: trofeo e 500 €
2º premio: trofeo e 300 €
3º premio: trofeo e 200 €
Premio ao mellor vestiario: trofeo
Listado de grupos participantes:
CATEGORÍA A
‘Lerchiñ@s’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
‘Rubideiras’ da Asociación Cultural Donaire (A Coruña)
‘Picariñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
‘Xeitosiños’ dos Os Xeitosos de Trazo
‘Pícaras’ da E.M.B.T de Coirós
‘Chisparelas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
‘Grupo E’ da A.F. Cantigas e Agarimos (Compostela)
‘Pechacancelas’ Asociación Cultural Soalleira (Sanxenxo)
‘Ardora’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Teceláns’ da A.C.F O Fiadeiro (Vigo)
CATEGORÍA B
‘Sabicheiras’ da Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo
‘Xoaniñas’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Axóuxeres’ da A.C Nemeth (Carballo)
‘Grileiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
‘Titiriteiras’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
‘Lareteiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
‘Azaloira’ da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo)
‘Moreniñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
‘Repoludas’ da E.M.B.T de Coirós
‘Abrollos’ da A.C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
CATEGORIA C
‘Meiroqueiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
‘Falangueiras’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
‘Velai vai’ da A.C. Donaire (A Coruña)
‘ATelleira’ do C.C. A Ponte Vella (Teo)
‘Tarandeiras’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Laretas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
‘Silandeiras’ da E.M.B.T de Coirós
‘Areíñas’ da Asociación Cultural Soalleira (Sanxenxo)
‘5 Ferreñas’ da A.M.B.T Vai de Roda (Rianxo)
‘Avelaíñas’ da A.C. Inllar (Ponteceso)
CATEGORÍA D
‘Garuleiros’ da A.C. Donaire (A Coruña)
‘Barulleiras’ da A.F. Santiaguiños de Boimorto
‘Tarambainas’ da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Pandereteiras “Os Muíños de Oliveira” da A. C. Os Muiños de Oliveira (Ponteareas)
‘Argalleiros’ da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
‘Ferriñas Bravas’ da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
‘Arnela’ da A.D.M.T. Queiroa (Sada)
‘Grupo A’ da A.C. Retranqueiros (Ames)
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que exceda o dito prazo quedará descualificado.
No momento da cualificación o xurado terá en conta:
A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
A súa dificultade.
A afinación.
A interpretación.
O xurado será nomeado pola A.X. Xiradelae os seus fallos e acordos serán inapelables.
Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela, anfitrioa e organizadora desta cita na que colabora o Concello de Arteixo.
BASES DO XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS DA A.X. XIRADELA
É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos
CATEGORÍA B: de máis de 10 aos 13 anos
CATEGORÍA C: de máis de 13 aos 17 anos
CATEGORÍA D: de máis de 17 anos en diante
Só os 10 primeiros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
Cada asociación só poderá presentar un grupo en cada categoría.
As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos.
É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de cinco grupos.
Os premios serán os seguintes:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que participará no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
No momento da cualificación o xurado terá en conta:
A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
A súa dificultade
A afinación
A interpretación
O concurso terá lugar o día 19 de abril de 2026 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se aproxime a data do concurso.
A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e das redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 28 de febreiro, ás 12:00 h e remata o sábado, 28 de marzo, ás 14:00 h.
O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición.
A organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que provoque dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 19 de abril de 2026. É necesario que os /as gañadores/as estean presentes no escenario para recoller o dito premio. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com.
A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.
Para as persoas que desexen sumarse á Asociación Xuvenil Xiradela e inscribirse nalgunha das súas actividades, trasladamos nesta publicación os horarios das clases que temos previstas para o curso 2025-26.
Ofértanse actividades de baile tradicional, pandeireta e canto tradicional, así como de gaita e percusión.
Como aconteceu nos últimos anos, as clases impártense nas instalacións da Asociación Xuvenil Xiradela na rúa Padre Villa, 30 no Concello de Arteixo (A Coruña).
Proximamente informaremos do proceso para as novas inscricións.
Lembra que se xa es socia/o tes na nosa canle de whatsapp un formulario para facer unha preinscrición que nos permita dimensionar os grupos.
Aínda temos nos beizos o sabor doce da celebración do XXV Concurso de Música Tradicional de Pandeireteiras/os e xa temos na cabeza o Día da Muiñeira 2025 da Asociación Xuvenil Xiradela que fai a edición 37.º
Estamos desexando volver compartir con tantas agrupacións como nos acompañan nesa cita o amor polo noso.
Vémonos o domingo 11 de maio de 2025 no Paseo Fluvial de Arteixo. Para o público que desexe seguir as actuacións, a hora de comezo está fixada a partir das 18:00 horas. Nese momento haberá un desfile de todas as bailadoras e bailadore p empezamos a bailar todas e todos á vez a nosa peza máis tradicional. Cousa linda bailar con vós!
A inscrición das agrupacións neste Día da Muiñeira remata o domingo 4 de maio de 2025. Anotádevos nesta ligazón.
BASES DO XXXVII DÍA DA MUIÑEIRA A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo convoca o XXXVII Día do Muiñeira que terá lugar o próximo día 11 de Maio ás 18:00 h, no Paseo do Balneario (en caso de condicións climatolóxicas adversas enviarase un mail a todos os participantes comunicando a nova ubicación)
• Poderán participar todos aqueles centros, grupos folclóricos, asociacións xuvenís, etc., que o desexen. • Cada centro, asociación, etc., poderá inscribir o número de grupos que desexe. • Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou cunha uniformidade. • A muiñeira que hai que bailar será a “Muiñeira dos Freires” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase tres veces con breves descansos. • A inscripción deberá facerse cubrindo o formulario que se atopará dispoñible na paxina web de A.X.Xiradela (http://xiradela.gal) e en redes sociais. • O prazo de inscrición remata o domingo 4 de maio. • Os grupos inscritos deberán concentrarse diante do pazo dos deportes (zona escolar), ás cinco da tarde. • Haberá un agasallo para cada asociación e merenda para todas as persoas participantes.
· Na peza combinase unha fotografía en branco en negro dunha pandeireteira e un bordado con moito colorido
· O Concurso, que chega á súa 25.ª edición, terá lugar o vindeiro domingo día 27 no Auditorio do paseo fluvial de Arteixo e conta coa colaboración do Concello
No seu 25 aniversario o Concurso de Música Tradicional de pandeireteiras/os da Asociación Xuvenil Xiradela conta cun cartel deseñado pola artista multidisciplinar Alba Pose (A Coruña, 2000).
Cartel do XXV Concurso de Música Tradicional de pandeireteiras/os da A.X. Xiradela / ALBA POSE
Nesta peza Alba Poseemprega o bordado buscando aportar colorido, “coido que é algo que me representa na miña obra”, explica a artista. Conta que quixo “tirar do fío do tradicional sen entrar nunha iconografía do traxe galego ou algo máis clásico. A imaxe de base é unha fotografía doméstica dunha pandeireteira en branco e negro sacada do contexto do tradicional e incluíndo esa participación do bordado para engadir cor e textura doutros xeitos”, relata a autora. A fotografía orixinal é de Pablo Quintana que retrataba á tocadora Eva Castiñeira.
Alba Pose é unha artista transmedia que combina as artes plásticas como bordados ou gravados, coa escenografía ou dirección de arte. Sempre desde un estilo naif e informal, e cunha visión multidisciplinar.
Entre os seus traballos podemos salientar a escenografía para a exposición de fotografía de Irving Penn da Fundación Marta Ortega; a dirección creativa para a pandeireteira e cantareira Fransy; ou o deseño de escenografía e de iluminación para a obra de teatro Tartar.
O Concurso de Música Tradicional de pandeireteiras/os da Asociación Xuvenil Xiradela celébrase este domingo 27 de abril no Auditorio do Paseo Fluvial de Arteixo.
É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
CATEGORÍA A: ata aos 9 anos
CATEGORÍA B: dos 9 aos 13 anos
CATEGORÍA C: dos 13 aos 17 anos
CATEGORÍA D: dos 17 anos en diante
Só os 10 primeiros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
Cada asociación só poderá presentar un grupo en cada categoría.
As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos.
É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de cinco grupos.
Os premios serán os seguintes:
1º premio: trofeo e 300 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo e 100 €
Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que participará no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
No momento da cualificación o xurado terá en conta:
A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
A súa dificultade
Afinación
Interpretación
O concurso terá lugar o día 27 de abril de 2025 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se achegue a data do concurso.
A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e das redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 15 de marzo, ás 12:00 h e remata o sábado, 5 de abril, ás 24:00 h.
O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición.
A organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 27 de abril de 2025. É necesario que os /as gañadores/as estean presentes no escenario para recoller o dito premio. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com.
A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.