BASES DO XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS/OS DA A.X. XIRADELA
- É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
- Haberá catro categorías determinadas pola media de idade do grupo. Ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría:
- CATEGORÍA A: ata os 10 anos
- CATEGORÍA B: de máis de 10 aos 13 anos
- CATEGORÍA C: de máis de 13 aos 17 anos
- CATEGORÍA D: de máis de 17 anos en diante
- Só os 10 primeiros grupos anotados en cada categoría terán garantida a súa participación. No caso de se apuntar máis grupos nalgunha categoría, a súa participación dependerá do total de grupos do concurso, e será debidamente notificado pola organización.
- Cada asociación só poderá presentar un grupo en cada categoría.
- As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
- Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos.
- É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
- A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías de non acadar o mínimo de cinco grupos.
- Os premios serán os seguintes:
- 1º premio: trofeo e 300 €
- 2º premio: trofeo e 200 €
- 3º premio: trofeo e 100 €
- Premio ao mellor vestiario en cada categoría: trofeo
- Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que participará no certame. O grupo que exceda o dito tempo quedará descualificado.
- No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade
- A afinación
- A interpretación
- O concurso terá lugar o día 19 de abril de 2026 con horario de mañá e tarde, no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario, hora de presentación, orde dos grupos e as normas seranlles enviadas aos/ás inscritos/as cando se aproxime a data do concurso.
- A inscrición farase cubrindo o formulario ao que se accede a través da web da A.X. Xiradela e das redes sociais. O prazo de inscrición comeza o sábado, 28 de febreiro, ás 12:00 h e remata o sábado, 28 de marzo, ás 14:00 h.
- O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
- Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición.
- A organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que provoque dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
- Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as, e entregaranse os trofeos acadados o día 19 de abril de 2026. É necesario que os /as gañadores/as estean presentes no escenario para recoller o dito premio. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
- Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
- Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono: 698 179 264 (tardes), ou no enderezo electrónico: concursoxiradela@yahoo.com.
- A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.
























